Sábado, Marzo 27, 2010 18:23

Drivers chipset X58 y ICHR10 Raid de Intel

Non sei se é cousa miña ou a web de soporte de Intel (como por desgraza moitas outras) está fatalmente organizada. Hoxe necesitaba baixarme os drivers para o meu chipset X58 e ICH10R e na páxina oficial levoume un bo anaco atopalos. Se queredes descargar a última versión dos drivers deste chipset, déixovos os enlaces directos á web de descargas de Intel. Tamén vai o link para o prgrama Rapid Storage Technology, o software de Intel para xestión de discos duros, que permite administrar de forma rápida e sinxela os nosos discos duros, estean formando arrays de tipo Raid (permite expandir os Raids, activar o caché de escritura, etc. ) como discos duros soltos. Similar ao antigo Matrix Storage Manager pero máis moderno.

Descargar drivers chipset X58 e ICH10R de Intel

Descargar Rapid Storage Technology

Chipset, Drivers, ICH10R, intel, X58,

Deja un comentario