Martes, Febrero 23, 2010 20:17

jDownloader

jDownloader é o mellor xestor de descargas do momento. É multiplataforma, compatible directamente con Windows  Linux e Mac, e dispoñible en Java para outros sistemas operativos. Intégrase coa maioría de navegadores , permitíndonos lanzar descargas de forma simultánea e directamente cun par de clicks; para iso están dispoñibles extensións tanto para Chrome como para Firefox (as descargas ao final do post) que nos permiten navegar e enviar os arquivos a descargar a jDonwloader de forma dinámica, rápida e eficiente. Ten numerosas opcións, como cargar varias URLs e automaticamente iraas baixando todas, déixanos establecer un número de descargas simultáneas, etc. Se queres saber como funciona este xestor de descargas a fondo, recoméndoche que leas este magnífico tutorial en LinWind, que aclarará todas as túas dúbidas e converterache nun experto do jDownloader.

jDownloader

Non só nos permíte manexar de forma cómoda as nosas descargas, se non que ademais as acelera, ten opción de pausar e reanudar, e desde Megaupload Rapidshare só temos que engadir as URLs e el só fai todo o traballo, espera o tempo necesario entre descargas, autocaptcha, etc. Unha marabilla de programa que nos permitirá descargar de todo a mar de rápido.

Descargar jDownloader

jDownloader para Chrome

jDownloader para Firefox

axilizar, descargar, Descargas, jdownloader, Manual, megaupload, rapidshare, tutorial, xestor,

Deja un comentario