Lunes, Enero 10, 2011 19:23

Descargar VirtualBox 4.0

Xa está aquí dispoñible para descargar a última “major release” de VirtualBox, a ferramenta de virtualización de ordenadores máis coñecida e usada actualmente. Desde que Oracle mercou a Sun, esta é a primeira versión con cambios importantes en VBox. Entre as novidades máis importantes VirtualBox 4.0 temos:

  • Adición de extensións, a modo de paquetes instalables que extenderán as funcións do sistema.
  • Novas opcións para a portabilidade de discos duros virtuais entre máquinas virtuais.
  • Novidades na interfaz gráfica de usuario, que agora se chama “Gestor VirtualBox”.
  • Soporte de máis de 1.5/2GB en hosts de 32 bits.
  • Máis flexibilidade na limitación de tempos de CPU ás máquinas “guest”.
  • Soporte para redimensionar discos duros virtuais en formato VDI e VHD, algo moi interesante.

Ademáis destas novidades importantes, engadíronse e arranxáronse moitas outras opcións, podedes velas en changelog de VirtualBox 4.0

Esta nova versión 4.0 está dispoñible como de costume para Linux, Windows, Mac e Solaris.

descargar, gratis, Mac, Novidades, Oracle, Sun, virtualbox,

Deja un comentario