Sábado, Marzo 6, 2010 12:59
Sin Comentarios
O outro día saía a versión final de Opera 10.5, un navegador excelente que mellorou moito nesta última versión. Por desgraza saía só para Windows, tendo que esperar os usuarios de Linux e Mac a que saquen versións compatibles con estes dous SO. Hoxe déixovos a versión portable (tamén para Windows) de Opera 10.5. Podedes extraelo nun USB e levalo comodamente convosco para navegar con el en calquera lugar de forma rápida e sen necesidade de instalación.

Desde a páxina de Opera USB bríndannos varias descargas, unha internacional e dúas máis en Inglés e Alemán. Se xa usabas Opera portable podes baixar simplemente o arquivo de actualización.
Descargar Opera 10.5 Portable (Opera USB).




