Viernes, Noviembre 6, 2009 14:39

Leer en Castellano

O outro día particionando o meu Raid0 o particionador quedou colgado e ao reiniciar un dos discos aparecía con erro, polo que era imposible arrincar. Para arranxalo só fai falta executar o Intel Matrix Storage Manager, pero non tiña onde instalar un Windows temporal para arranxalo. Buscando información atopeime co Hiren’s Boot CD 10.0, a ferramenta de recuperación definitiva que acabo de converter nun dos meus imprescindibles.

Este magnífico boot cd permite cargar un Windows XP mini en formato “Live CD”, que precisamente viña co Matrix Storage Manager instalado, foi arrincalo, un par de clicks e problema resolto. Pero ademais este pequerrecho está composto por un paquete de programas para particionar, recuperar datos, facer test de discos duros, navegar polo sistema de arquivos, descifrar contraseñas, obter información do sistema e un longo etc, todo o que se lle pode pedir a unha ferramenta para arranxar o noso ordenador. Simplemente perfecto. Na web de Hiren aparecen tódos os programas incluídos no Hiren’s Boot CD 10.0, que non son poucos.

boot cd, descarga, hiren´s boot cd, recuperación, torrent,

Deja un comentario