Lunes, Enero 10, 2011 19:42

Descargar y compartir películas online

Unha das principais trabas na distribución de películas hoxe en día é o soporte físico, e a facilidade para descargarnos todo este tipo de contido da rede, sen outra alternativa que a descarga gratuíta. Xa non só polo abusivo prezo do soporte físico, se non polo fácil que resulta baixarse unha película sen ter que desprazarse á tenda para comprala. Pese ao inmutismo da industria, parece que os primeiros intentos de distribución de películas a través de Internet empezan a materializarse.

Este é o caso de Ultraviolet, unha plataforma de distribución de películas baseada unicamente en Internet. Con Ultraviolet podemos facernos cunha película xa sexa en soporte físico ou nun unha biblioteca online, e facilítanos enormemente a visualización da mesma desde calquera parte, ofrecéndonos diferentes métodos e vantaxes. Poderemos descargarnos a película cantas veces queiramos, ou vela directamente a través de streaming no computador, un móbil, un mediacenter, etc. Todo isto a través dunha conta online coa que poderemos compartir todo o contido cinematográfico adquirido con ata 6 membros da nosa familia. De momento non hai datas exactas de lanzamento pero se esperan as primeiras probas para mediados deste ano en EEUU.

descargar, online, peliculas,

Deja un comentario