Domingo, Abril 18, 2010 16:16
Publicado en la categoría Hardware,

Desbloquear Phenom II X4 960T a X6

É sabido que moitos Phenom grazas a algunhas placas pódense desbloquear, desta forma podemos utilizar os núcleos “durmidos”, transformando por exemplo un Phenom II X2 nun X4, e así ter un procesador máis caro pagando polo barato.

Agora conseguiron pasar un Phenom II X4 960T a un Phenom II X6, tendo un procesador de 6 núcleos no canto de 4. En OC Workbench confirman que un dos seus colaboradores conseguiu desbloquear o Phenom II X4 sobre unha placa basee AMD 890GX+SB850.

Unha gran noticia para o que tivese en mente comprar un dos novos Phenom II X4 960T, xa que se pasa como cos X2, a maior parte deles poderase desbloquear.

Phenom X4 a X6

AMD, overclock, procesador,

Deja un comentario