Jueves, Abril 8, 2010 19:47
Publicado en la categoría Descargas, Videoxogos,

Custom Firmware OtherOS para PS3

A impopular medida que Sony tomou recentemente na súa videoconsola Play Station 3, tivo consecuencias. Eliminar o soporte para Linux, que era un dos principais motivos polos que a scene de PS3 estaba parada, debido a que poucos se dedicaban a buscar vulnerabilidades na seguridade do sistema, creou un gran balbordo. Moitos compraran a PS3 no seu día motivados pola posibilidade de instalar Linux nela sen ningunha complicación.

Recentemente Geohot desvelaba un importante exploit, o problema é que necesitaba modificacións de hardware e unha interfaz propia para poder executarse. En principio non ía publicalo, pero tras a noticia de que Sony eliminaría o soporte para Linux coa próxima actualización de firmware da PS3, avisou á xente de que non actualizase, que preparaba algo. E así o anunciou, o primeiro custom firmware para a PS3, que se pode ver no vídeo de abaixo. Aínda non fixo pública unha data oficial, pero estará dispoñible en breve. Non fará falta ningún tipo de hardware para instalar OtherOS nas nosas PS3, simplemente será necesario ter como moito o firmware 3.15.

Tamén dixo que dito firmware non permitirá a copia de backups, só pretender que os usuarios que pagaron por algo, como é o soporte para Linux, poidan seguir gozando diso.

custom firmware, geohot, hackear, ps3,

Deja un comentario