Lunes, Enero 10, 2011 20:00

Custom Firmware 3.55 para PlayStation 3 o como piratear sin Jailbreak

Outro firmware da PlayStation 3 que foi hackeado. Á pobre desde o PSJailbreak dúranlle os firmwares o mesmo que un chupa chups na porta dun colexio. Da man de Geohot chéganos un custom firmware que permite hackear a PS3, dándonos a opción de executar todo tipo de homebrew. A vantaxe deste método, é que ademais evita o uso dun dispositivo Jailbreak para o pirateo, que aínda que agora pódense conseguir por menos de 10€ é un avance. A contra deste método, é que todas as aplicacións teñen que ser pasadas por un programa que o propio Geohot distribuíu para que funcionen na PS3 co Custom Firmware 3.55.

Como ben é sabido Geohot non dá soporte á carga de xogos, polo que de momento non se poden cargar copias de xogos con este método, pero será cuestión de tempo que apareza un cargador que permita facer funcionar os backups sobre este firm.

descargar, gratis, hackear, piratear, playstation 3, sony,

Deja un comentario