Miércoles, Junio 16, 2010 12:08
Publicado en la categoría Novidades, Videoxogos,

Crysis 2 podrá jugarse en 3D

Co E3 non paran de saír noticias quentiñas do forno. Crysis é un xogo por todos coñecido, que no seu día triunfou tanto pola súa elevada calidade gráfica (para poder correlo a lume de carozo de gráficos había que gastar máis no computador que na casa) como pola calidade na trama. Con motivo do E3 anunciaron que a próxima versión de Crysis virá con modo 3D en formato estereoscópico. Ademais afirmaron que non só estará dispoñible en 3D para PlayStation 3, senón que tamén poderán gozar deste modo de xogo os usuarios de PC e XBOX 360. Polo tanto pouco tardaremos en ver novidades sobre a capacidade de correr xogos 3D da man de Microsoft.

Tanto o modo multixogador como o modo historia contarán con esta característica, pero poderán xogarse tamén en 2D sen que varíe un chisco o contido. Esperemos que a febre do 3D non nos traia os mesmos erros aos videoxogos que os que levou aos cines.

Crysis 2

3d, crysis, estereoscópico, pc, play station 3, videoxogo, xbox 360,

Deja un comentario