Viernes, Junio 4, 2010 7:56
Publicado en la categoría Miscelanea,

Cronograma de Pulp Fiction

Non sei cantas veces vin Pulp Fiction, pero polo menos unhas 4 en español e 1 en VOS. Encántame. Paréceme unha obra mestra. A calidade das historias, como se entrelazan de xeito perfecto, de forma impensable e o resultado final. Hai escenas que me sei de memoria. A verdade é que é a película que máis me gusta de Tarantino.

Teño un poster feito por min da escena coas cuncas de café (The Bonnie Situation), e un poster proporcional de camiño a casa. Se non a viches recoméndoche encarecidamente que te fagas con ela. Se che gusta, que che gustará, seguro que buscarás máis información sobre ela en internet e atoparás interesantes detalles que se non os les pasar por alto. Un día se cadra fago unha recompilación dos detalles da película.

De momento déixovos un cronograma de Pulp Fiction no que se explican as diferentes historias e os feitos máis importantes da película. Sublime.

cronograma Pulp Fiction

Visto en Deviant

Cinema, cronograma, Pulp Fiction, Tarantino,

Deja un comentario