Lunes, Mayo 24, 2010 18:38

Crackdown 2: la serie

O videoxogo de acción Crackdown 2 que se estreará en exclusiva para Xbox360, vén presentado por unha serie. Ata a saída do videoxogo irán sacando semanalmente máis capítulos desta serie animada que se pode ver a través de youtube. Realizarona tanto para crear expectación antes da saída do videoxogo, como para establecer unha unión entre a trama de Crackdown e a de Crackdown 2, evitando así deixar un baleiro entre ambas as partes. O xogo desenvólvese nas rúas de Pacific City, que tras quedar en paz teoricamente tras a primeira parte, agora está axexada polos mutantes que deixamos escapar por erro.

Debido ao gran éxito de Crackdown e ás boas impresións que está causando a segunda parte, preveese un gran lanzamento para este título. A continuación déixovos o primeiro capítulo da serie animada.

Vía codigocero

microsoft, trailer, Videoxogos, xbox 360,

Deja un comentario