Lunes, Septiembre 27, 2010 20:30
Publicado en la categoría Internet, Novidades,

Conseguir más seguidores en Twitter pagando

Tras os tweets promocionados chega unha nova característica de pago a Twitter: a posibilidade de comprar seguidores. E é que pagar para ter máis seguidores é mais atractivo que pagar para que os teus tweets aparezan promocionados entre os trending topics do momento. O novo servizo chamarase Promoted Acount, e será mostrado mañá nunha conferencia en Nova York.

Non é que pagando directamente compremos seguidores; unha vez paguemos, Twitter engadiranos ás listas de “A quen seguir”. Esta opción pode ser interesante sobre todo para empresas ou corporacións que queiran darse a coñecer rapidamente. De todos os xeitos non será “pagar e listo”, Twitter utilizará o mesmo algorítmo que usa para recomendar a usuarios en “A quen seguir”, de modo que a propia relevancia do usuario estará relacionada coa promoción que faga Twitter para que gañes seguidores. De momento non se sabe nada sobre prezos, haberá que esperar a mañá para saber algo máis.

pago, publicidade, Seguidores, twitter,

Deja un comentario