Jueves, Febrero 18, 2010 19:43
Publicado en la categoría Videoxogos, Windows,

Leer en Castellano

Ubisoft volveu a sacar unha colección Codegame, coa que pon videoxogos de gran tirón ao alcance de todos. O primeiro pack está formado por Far Cry 2 Fortunes Edition, Splinter Cell Chaos Theory e World in Conflict Complete Edition, a un prezo de 9.95€ en calquera quiosco. Pór títulos tan importantes a un prezo tan baixo fai que a xente se aníme a compralos, favorecendo enormemente as vendas da compañía e alegrándonos as tardes de aburrimento a moitos. En total serán 8 entregas e un total de 24 videoxogos.

Codegame

Hei de dicir que en anteriores coleccións Codegame houbo certos problemas con algúns xogos. Eu comprara o Rainbow Six Veigas e viña sen serial, polo que era imposible xogar online. Tras uns cantos mensaxes ao servizo de atención ao cliente de Ubisoft e a mobilización en certos foros, distribuíron seriais a todo o que pediu un (ata xente que non comprara o xogo aproveitouse…) e funcionaban sen problema. Se se produce calquera incidente cun videoxogo da colección Codegame non dubides en reclamar, xa que o baixo prezo non priva de que se cumpra o ofertado.

Colección Codegame

baratos, codegame, far cry 2, pack, quiosco, splinter cell, ubisoft, Videoxogos, world in conflict,

Deja un comentario