Sábado, Octubre 16, 2010 9:41
Publicado en la categoría Internet, Utilidades,

Como saber si alguien ha leído un email

Moitas veces mandamos un email a unha persoa e temos a sospeita de que, a pesar de que nos di o contrario, leuno. Un gran amolo moitas veces cando pedimos algo que nos fai falta e o destinatario pasa de nós. Pero hai servizos que nos permiten saber se un usuario a lido un email que lle mandamos. Un deles é email Oracle (o oráculo do correo electrónico) que nos permitirá “trackear” ata 20 correos ao mes sen custo algún. Está dispoñible en forma de extensión para Chrome e para Firefox polo menos. O único pero, é que só funciona con contas de Gmail. Para usalo temos que instalar a extensión para o noso navegador, e logo desde a propia bandexa de entrada de Gmail teremos a opción de facer un seguimento do email, e ver o estado dos emails enviados con seguimento.

Outra vantaxe de email Oracle é que tamén funciona con contas de Google APPs (para crear contas de correo nos servidores de Google co teu propio dominio).

email, Gmail, google, trackers,

Deja un comentario