Viernes, Marzo 26, 2010 18:03
Publicado en la categoría Miscelanea,

Comienza la XGN 2010

Xa empezou, ás dez da mañá de hoxe, abriron as portas da 11ª edición da party máis famosa de Galicia , a Xuventude Galicia Net. Este ano volve ao seu emprazamento tradicional, o Palacio de Congresos, xa que o ano pasado celebrouse no multiusos Fontes do Sar. Nesta edición somos 1600 os que estamos aquí. Agora mesmo (17:11) practicamente todo o mundo chegou. De momento todo vai bastante ben, a pesar dos temores que moitos tiñamos polos cambios da organización que se levaron este ano. A comida ben, a xente xenial como sempre e a rede a non dar mais con todo o mundo compartindo por  DC ++ . O usuario que máis comparte, ten indexados a friorenta de 15 Tb. Este ano a XGN conta como sempre con extranet, aínda que un pouco cutre de momento, á que todo o mundo pode achegarse e botar unhas partidas ás distintas videoconsolas que habilitaron, darse un paseo pola catedral en 3D, etc. Tras uns problemiñas co Raid do meu PC (party que vou party na que me pasa algo), xa está todo arranxado e funcionando ao 100%. Vicio, risas e DC++.

2010, santiago de compostela, xgn,

Deja un comentario