Martes, Junio 8, 2010 21:33

Llega iPhone 4 junto con iOS4

O novo teléfono móbil de Apple achégase. iPhone 4 foi presentado oficialmente. Con respecto á versión anterior do iPhone, este é máis lixeiro e máis delgado. Por fin engadiron a cámara frontal, que complementa á posterior, agora de 5 Megapíxeles, con flash led e capacidade de gravar vídeo en HD (720p a 30fps). A autonomía da batería é de ata 10 horas usando WiFi (b, g ou n). Conta cunha pantalla de 3,5 polgadas e unha autentica salvajada de resolución, 960*640 píxeles, o que multiplica por dúas a resolución por unidade de superficie do anterior iPhone.

Do mesmo xeito que o Nexus One, o iPhone 4 virá equipado con dous micrófonos para poder facer uso do sistema de cancelación de ruído, mellorando a calidade das chamadas. Tamén engadiron un giroscopio, o que permitirá un uso do teléfono máis dinámico, ao complementar a sensibilidade dos acelerómetros. Co procesador tampouco se quedaron curtos, xa que incluirá o A4, o mesmo que integra o iPad e que funciona a 1Ghz. iPhone 4 virá cunha nova versión do iOS, o iOS4 que estará dispoñible para descargar o día 21 deste mes. A principal novidade do novo sistema operativo móbil de Apple, a parte de multitude de ferramentas que incorpora e novidades na interfaz gráfica, é o multitask, unha característica das máis esperadas. Con isto un iPhone poderá executar varias tarefas simultaneamente e en segundo plano.

iPhone 4 sairá ao mercado en dúas versións: unha con 16Gb de memoria interna por 199$ e outra con 32Gb ao prezo de 299$. A continuación déixovos o vídeo oficial de presentación do iPhone 4.

Fuente: Codigocero

apple, iOS 4, iPhone 4, Mac, móbil, teléfono,

Deja un comentario