Un novo día cunha nova noticia de Google. Ao parecer están traballando nun sistema que implementará chamadas telefónicas directamente en Gmail. Nútrese do propio Gtalk que podemos usar a modo de cliente de mensaxería instantánea, e permitiríanos comunicarnos mediante un protocolo de VoIP (Comprado fai máis dun ano por Google) cos nosos contactos. Ademais de permitir chamadas a outros usuarios de clientes VoIP, sería posible facer chamadas a teléfonos fixos e móbiles, non sería necesario ter unha conta de Google Voice, e as chamadas a Canada e EEUU serían gratis.
A outros destinos internacionais aplicaríanselle tarifas inferiores ás habituais. Con isto Google planta cara a outro servizo máis, facéndolle a competencia directa a Skype, que actualmente lidera o mercado do VoIP a nivel mundial. De momento desde Google só dixeron que sempre están probando novos servizos e aplicacións, pero non confirman nin a fase beta deste servizo de chamadas.




