Domingo, Febrero 14, 2010 19:07

Leer en Castellano

Para os que tocan a guitarra ou o baixo, ás veces é difícil atopar tablaturas ou acordes de cancións  . Outras veces os que estamos empezando (máis ben intentando empezar) non sabemos certos acordes, esquécensenos ou liamosnos cos dedos. Hoxe tráiovos un par de páxinas webs que axudaran tanto aos que saben tocar perfectamente a guitarra e queren atopar tablaturas das súas cancións favoritas de speed metal, como aos que empezan e necesitan axuda cos acordes máis simples.

Ultimate-guitar

Ultimate Guitar é unha páxina web cun completo buscador de cancións . Permite realizar busquedas por artistas e por títulos de cancións. Hai tablaturas para guitarra e baixo, tanto en arquivos de texto como para o Guitar pro, e ultimamente engadiron leccións con vídeos. Para a maioría das cancións a parte das tablaturas hai versións simples con acordes, moi útiles para comezar, e con varias versións ata para diferentes afinacións. Con esta web ninguén ten escusa para non tocar a guitarra.

La cuerda

A corda ten un estupendo xerador de acordes que nos permite visualizar todos os acordes con todas as súas variacións. Basta con pór ton e o modo do acorde e mostraranos sobre un mastro as distintas variacións do mesmo.

acordes, afinación, baixo, buscador, cancións, guitar pro, guitarra, Musica, xerador,

Deja un comentario