Martes, Junio 1, 2010 11:53
Publicado en la categoría Gadgets, Videoxogos,

Cable HDMI para Wii

Se tes unha Wii e queres conectala mediante un cable HDMI á túa televisión ou pantalla de alta definición, Wii2HDMI é a solución. A única opción para obter unha imaxe en alta definición cunha Wii nunha pantalla era conectala por cable compoñentes, e ás veces non dispomos deste tipo de conector.

No seu día fixen unhas probas coa miña Xbox 360 e a diferenza entre usar o cable HDMI e o compoñentes nunha Samsung 1080p de 37″ para min era inapreciable. Se o que buscas é obter unha mellor calidade de imaxe coa túa Wii usando un cable HDMI, non cho recomendo porque será diñeiro tirado.

De todos os xeitos se a única opción é conectar a Wii á túa pantalla por cable HDMI, Wii2Hdmi permitirache facelo. Trátase dun pequeno accesorio que se coloca na saída de vídeo da Wii e transforma o conector nativo nun HDMI femia estándar. Desta forma só teremos que utilizar un cable HDMI para conectar a Wii coa pantalla. Á hora de elixir o cable, recoméndovos o máis barato, a maioría de cables que pasan de 15€ son un timo.

Wii2HDMI custa 40$ e pódese comprar online.

wii2hdmi

Vía chikpik

alta definición, cable, hdmi, Wii, Wii2HDMI,

Deja un comentario