Viernes, Febrero 19, 2010 19:52
Publicado en la categoría Descargas, Musica,

Buscar canciones por su letra

Co conto do post sobre cancións para guitarra atopei un par de páxinas para buscar letras de cancións moi interesantes. Ademais de buscar a letra dunha canción escribindo o título da mesma, permiten facer a procura á inversa: escribimos un cacho da letra e dinos o título e artista. Unha interesante opción para cando queremos escoitar ou descargar unha canción e non sabemos como se chama.

Desde MP3 Lyrics debemos ir á sección de procuras e pór o fragmento da letra no cadro de texto que pon “in text” . Se ademais sabemos o artista debémolo pór en “Artist”. Probeina cunhas cantas cancións e saen das primeiras das procuras con tan só introducir un fragmento de cinco/sete palabras da letra. O único malo desta web é que ten demasiada publicidade.

Lyrics Fly fai o mesmo aínda que non funciona tan ben. Na páxina principal basta con pulsar en Lyrics e introducir a letra da canción e devolveranos unha lista, é menos precisa que MP3 lyrics pero funciona.

artistas, buscar, cancións, descargar, grupos, letras, lyrics, mp3, Musica, título,

Deja un comentario