Martes, Marzo 9, 2010 9:18
Publicado en la categoría Internet,

Encontrar puntos wifi gratis

Moitas veces pensei en que unha iniciativa como QueWifi sería unha gran idea, e agora xa existe. Moitos coñeceredes Fon, unha rede que pretendía dotar ás zonas urbanas de puntos wifi gratuítos coa colaboración desinteresada dos propios usuarios, e conseguiuno bastante ben.

QueWifi é unha web que recolle numerosos puntos de acceso wifi abertos (incluídos puntos fon) e gratuitos para todo o que desexe usalos. Preséntanos nun mapa de Google Maps todos os puntos wifi accesibles na zona que seleccionemos.  Calquera pode engadir novos puntos Wifi que coñeza e que estean dispoñibles de forma aberta ou non, o que permite que a súa base de conexións sexa ampla e creza facilmente. Se queres engadir ou buscar puntos de conexión, só tes que ir á web de QueWifi, é moi sinxela. Ao facer click sobre un punto no mapa, dános información sobre el e, se está dispoñible, móstranos unha imaxe de Street View da zona.

WiFi

Visitar QueWifi, puntos wifi gratis.

acceso, atopar, buscar, gratis, mapa, puntos, wifi,

Deja un comentario