Sábado, Febrero 27, 2010 22:54
Publicado en la categoría Hardware,

Las GTX480 llegarán tarde

Nvidia non fixo os deberes. A súa nova serie de tarxetas gráficas alcumadas Fermi e materializadas en dous modelos, GTX480 GTX470 chegarán en marzo, pero chegarán poucas. Nvidia está subministrando a información destes novas tarxetas aos ensambladores mal e arrastro, impedíndolles comezar o proceso de fabricación, polo que para o lanzamento haberá poucas unidades.

Os ensambladores quéixanse de que a demanda vai ser alta no lanzamento, e carecen de deseños de referencia completos. Tendo en conta que estamos a finais de Febreiro e a expectativa creada por estas tarxetas, vai ser difícil que se poñan no mercado un número suficiente para cubrir a demanda, e preveese que esta carencia de unidades se esténda ata abril. Nvidia non fixo o seu traballo, Ati está vendendo a súa serie 5000 como a espuma e sacando novos modelos consolidándose no mercado do DX11. Se isto fose pouco,  a GTX480 debido a todo este lio que se montou sairá cun prezo de 680$ e a GTX470 a un prezo de 500$. Demasiado.

Vía DigiTimes.

direct x 11, dx11, fermi, gtx470, gtx480, lanzamento, nvidia, prezo,

Deja un comentario