Se algunha vez quixeches facer un pendrive autoarrancable, hoxe tráioche a solución definitiva. Moitas veces temos unha iso dunha distribución Linux ou calquera outro sistema operativo como Windows e necesitamos arrincar desde un dispositivo USB. Se temos un netbook, esta é a mellor solución, xa que carecen de unidade de CD/DVD. Algunhas distribucións de Linux distribúense directamente en Live USB, pero outras non e non temos alternativas.
Unetbootin é unha pequena utilidade que nos permitirá arrincar calquera ISO desde USB. Basta con ter a ISO no computador e un pen ou tarxeta de memoria. O programa automaticamente grava a ISO no pendrive USB e permítenos arrincar desde el, xa que o converte nunha unidade autoarrancable (auto boot).
Está dispoñible para Linux e Windows. Unha vez descargado, só temos que dicirlle a localización da ISO desde a que queremos arrincar e a unidade que corresponde ao dispositivo USB onde queremos instalala. Se queremos podemos indicar a distribución que queiramos e automaticamente descargaraa e instalará no pendrive. O programa creará todo o necesario para que cando reiniciemos e seleccionemos “arrincar desde USB” podamos iniciar o sistema operativo automáticamente. Soamente o provei coa distribución de Linux Back Track 4 e funcionou perfectamente.

Descargar unetbootin, arrancar ISO desde USB




