Sábado, Mayo 22, 2010 9:40

Ahorrar tinta en la impresora

Se queres aforrar en tinta de impresora, unha gran opción é usar unha fonte de letra chamada EcoFont que realmente aforra unha barbaridade de tinta. Esta fonte caracterízase por introducir puntos baleiros polo medio da tipografía. Se se aumenta como no exemplo que se pode ver a continuación, vese claramente como diminúe notablemente a cantidade de tinta necesaria para imprimir; pero se imprimimos cun tamaño de letra normal, é practicamente inapreciable o efecto, e aforrarémonos unha boa cantidade de diñeiro, xa que reduce o consumo de tinta dunha impresora de inxección nun 25%. Ao final da entrada tedes a descarga da fonte EcoFont.

Ecofont

Outra interesante opción para aforrar tinta é comprar kits de recarga de cartuchos. O gran negocio das compañías, non están na venda de impresoras, se non nos cartuchos sobrevalorados que nos obrigan a adquirir. Eu por tan só 15 € comprei un kit de recarga con tinta que equivalería a máis de 100€ en cartuchos oficiais. O resultado destas tintas é realmente bo, ata teño imprimido fotos sen problema. Cada certas recargas, se os cabezales de impresión están incluídos nos cartuchos, é recomendable cambialos por uns novos.

Déixovos tamén este curioso gráfico que nos mostra o consumo de tinta de diferentes tipografías.

Tinta

Descargar EcoFont, fonte de letra para aforrar tinta.

aforrar, ecoloxía, gratis, impresora, medio ambiente, papel, tinta,

Deja un comentario