Lunes, Marzo 1, 2010 23:59

Aceleración gráfica en Firefox

Cada vez a web require de máis rendemento, e segundo se vaia estendendo HTML5, ter un equipo medianamente potente para navegar por internet será máis unha necesidade que un privilexio. O novo JägerMonkey Engine, o motor do Firefox, está centrado en incrementar o rendemento sobre Javascript, pero trae outras interesantes novidades consigo. Unha nova función da versión en desenvolvemento de Firefox, permite activar aceleración gráfica a través da GPU e basandose en DirectX11. Utiliza dúas librerías de DX11, DirectWrite e Direct2D, que farán que o rendemento gráfico de Firefox se dispáre ata as nubes.

Por defecto vén desabilitado, pero é moi facil polo en marcha.

  • Na barra de dirección escribimos about:config.
  • En filtro pomos gfx. e buscamos unha entrada que se chama “gfx.font_rendering.directwrite.enabled” para activala.
  • Dámoslle co botón dereito e engadimos un novo enteiro ao que chamaremos “mozilla.widget.render-mode” e asignámoslle valor 6.
  • Reiniciamos Firefox, e xa estará funcionando con aceleración 3D.

Algunhas extensións parece que aínda dan problemas, xa que se trata dunha opción experimental, por iso vén desactivada por defecto. Se experimentas algún tipo de problema basta con desactivala e reiniciar Firefox.

Vía LinWind.

3.7, aceleración gráfica, activar, descargar, firefox, tutorial,

Deja un comentario