Jueves, Diciembre 24, 2009 22:59

Leer en Castellano

Simple port forwarding é un completísimo programa que nos permitirá abrir os portos do noso router da forma máis sinxela. Está dispoñible nunha versión portable, en multiples idiomas, polo que non é nin necesaria a instalación. A súa ampla base de datos conta cos routers máis comúns, basta con seleccionalo e el só porá os datos por defecto para poder abrir os portos. Se por exemplo cambiamos o nome de usuario ou contraseña, temos que cubrilos e el fará o resto. Ademais conta con outra base de datos de xogos e programas, e os portos que necesitan, se estamos tendo problemas con algún deles seleccionámolo na lista e Single Port Forwarding abrirá os portos necesarios para que funcionen correctamente. No caso de que o noso router non estea na base de datos (o meu caso) o autor dános a opción de enviarlle os datos do mesmo e intentará engadilo.

abrir portos, descargar, router, simple port forwarding,

Deja un comentario