Lunes, Junio 7, 2010 13:31
Publicado en la categoría Deporte, Miscelanea,

La seguridad y el Mundial de Sudáfrica

Aínda non empezou o Mundial e moitos xa se cuestionan a súa seguridade. Tras o último incidente que se produciu, debido a que unha masa de xente quería entrar a un partido amigable sen entradas, e que tivo como resultado máis de vinte feridos, a seguridade do país volve á palestra. Ameazas terroristas, mafias, prostitución, roubos, drogas, SIDA… a intranquilidade nótase no aire.

Á FIFA preocúpalle, e apresurouse a declarar que o partido amigable non tiña nada que ver con eles nin coa organización do Mundial; pero tamén toma medidas nun principio contrarias á seguridade. Ao parecer regalaron entradas a surafricanos indiscriminadamente, cando hai xente que pagou por elas.

Hai un gran balbordo no país, hai zonas realmente inseguras, os xornalistas teñen unhas rutas establecidas e poucos son os que se atreven a saír delas. Falta menos dunha semana para o primeiro partido do Mundial de Sudáfrica, e como sempre, a propia inseguridade crea aínda máis inseguridade; esperemos non ter que lamentar ningún incidente grave.

mundial sudafrica 2010

FIFA, futbol, mundial, Seguridade, Sudáfrica,

Deja un comentario