Lunes, Febrero 22, 2010 20:13
Publicado en la categoría Hardware, Internet, Linux,

Leer en Castellano

Un botnet alcumado Chuck Norris está comprometendo a seguridade de diversos routers módems ADSL que posúen un firmware baseado en Linux. Este inusual virus aprovéitase das contraseñas por defecto dos dispositivos e instálase na memoria dos mesmos, bastando un reinicio para eliminalo. O problema é que a maioría deste tipo de malware ataca aos computadores directamente. Os routers e módems non adoitan estar protexidos contra este tipo de ataques xa que non se esperan.

O obxectivo deste botnet é lanzar ataques de denegación de servizo distribuídos (DDOS), así como xerar “defaces” de webs: un usuario infectado pode acceder a páxinas web como Google ou Facebook e en realidade está sendo redireccionado a outra web na que se pode producir un roubo de contraseñas.

chuck norris

Se tes un router coa contraseña por defecto o mellor será que a cambies. Chuck Norris infectou bastantes computadores ao rededor do mundo segundo os datos que se fixeron públicos, e a pesar de non ser mortal como unha patada voadora, non deixa de ser preocupante.

Fonte: LinuxToday.

ataques, botnet, chuck norris, ddos, deface, Linux, módems, routers, Seguridade, virus,

Deja un comentario